top of page

XERMINADOS PARA UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O alumnado de 5 anos, 1º e 2º de primaria realizaron o 12 de febreiro un obradoiro de xerminados coa nosa monitora de horta favorita, Flor.


Con botes de cristal, uns trapos, unhas cantas sementes (chía, herbellas, garavanzos, pipas, lentellas, etc...), un pouco de humidade e moito mimo, durante 15 días as sementes estiveron xerminando nos frascos para realizar mañá un obradoiro de cociña, na que cunhas tostas, un pouco de queixo de untar, leitugas e canónigos recolectados da nosa horta ecolóxica farán unha rica merenda! Todo un obradoiro de cociña 100% saudable!


Pero... cales é o segredo dos xerminados? Realmente, as sementes son tesouros da natureza, e resultan un xeito moi práctico e fácil de consumir vexetais frestos, cargados de antioxidantes.


As sementes, ao estar en remollo, duplican o seu volume, a cáscara ablanda e abre, e os enzimas actívanse grazas a auga e o osíxeno. Tras uns días de estar no ambiente húmido, cálido e con mimo, os brotes van crecendo cara a luz e os nutrintes que gardan como verdadeiros tesouros as sementes, aumentan en cantidade.

Que pasará mañá? deixarannos algo para probar?




8 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page