
Benvidos ao noso Proxecto!
A protección da saúde e o fomento do deporte son fins que tamén forman parte da formación que os escolares reciben nos Centros Educativos.
O sistema educativo contempla, ademais o desenvolvemento de hábitos saudables, exercicio físico e deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social do alumnado. De aí a importancia de que contribuír é fomentar o coidado da saúde.
Neste Proxecto, abordaremos a saúde dende puntos de vista moi diferentes, diferenciando entre saúde e enfermidade e promovendo aqueles hábitos que favorecen a saúde, incluíndo a saúde do noso planeta!
Participa con nós!!!


HÁBITOS DE HIXIENE
Neste bloque afondare-mos naqueles hábitos dia-rios que son necesarios para manter unha boa hixiene, tales como lavar as mans antes e despois de comer, cepillar os dentes, o aseo diario, o lavado da comida que imos consumir crúa e todos aqueles hábitos que nos permiten ter una vida máis saudable.
DEPORTE E ACTIVIDADE FÍSICA
Todos sabemos os benefi- cios que aporta realizar algunha actividade física ou practicar algún deporte con asiduidade.
O deporte axuda aos nenos/as a integrarse máis socialmente e a ad-quirir uns valores funda-mentais, ademais de con-tribuír no bo desen-volvemento dos ósos e músculos.
ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN
É o mesmo alimenrarse que nutrirse? Coñecen os nosos fillos/as as pautas dunha alimentación ade-cuada?
Neste bloque trataremos contidos como: a anato-mía do aparello dixestivo, a importancia dunha boa alimentación, os produtos ecolóxicos, as dietas máis saudables, a interpretar etiquetas dos alimentos, etc.

SAÚDE E ENFERMIDADE
Que hábitos son nocivos para a saúde? que enten-demos por saúde? Que son as enfermidades so-ciais? Como se defende o noso organismo frente ás enfermidades? Estas e outras preguntas serán debatidas e tratadas neste bloque, facendo fincapé naqueles hábitos adecua-dos para gozar dunha boa saúde.
PUBLICIDADE E CONSUMO
De que xeito nos inflúe a publicidade á hora de mercar os produtos? Co-mo nos enganan os anuncios para conseguir convencernos? É real o que nos venden ou na maior parte das veces venden mentiras?
Analizaremos diferentes anuncios publicitarios e faremos os nosos propios.
ECOLOXÍA E MEDIO AMBIENTE
A ecoloxía preocúpase de protexer a natureza e o medio ambiente, é dicir, a conservación do Planeta.
É esencial ensinar a conservar o medio natural dende a escola, e neste sentido, o noso centro es-
tá moi comprometido. Os responsables do coidado do medio nun futuro serán os alumnos/as de hoxe.
O ser humano, é o ser vivo que máis influenza exerce no planeta, e polo tanto debemos ensinar a respectar a natureza e aos outros seres vivos, potenciar o desenvolve-mento sostible, un con-sumo racional e potenciar no alumnado atitudes positivas cara o medio, sin prexudicar a natureza.
Neste eido, desenvolve-mos diferentes progra-mas educativos en colaboración coa Xunta, o concello de Vigo, a asociación Amigos da Terra e Sogama.


