top of page

QUE "RICAS" AS CASTAÑAS!!!

Actualizado: 25 nov 2018

O alumnado de primaria do Colexio Possumus está a vivir unhas xornadas de información e coñecemento sobre a castaña, ese froito que da lugar a nosa popular festa "O Magosto".


A castaña, é un froito doce e saboroso e é un dos agasallos que nos trae o outono. Os nutrientes que nos aportan contribúen a reforzar a nosa saúde e ademáis proporcionan enerxía.


A castaña está moi ligada a nosa historia, sendo o castiñeiro unha árbore autóctona da que se teñen noticias xa dende a época dos romanos, que moían as castañas para ser empregadas como alimento. Foi na Idade Media cando os mosteiros fixeron grandes plantacións de castiñeiros, de tal xeito que chegaron a chamarse "árbores do pan" posto que en épocas de fame garantiron a supervivencia de moita xente. Coa chegada da pataca a Europa, a castaña foi substituída por esta na cociña tradicional.


A castaña críase en ourizos en grupos de máximo tres. Polo San Martño (11 de novembro) empezan a pingar, ábrense os ourizos e caen ao chan. Antigamente, golpeábanse cun pau longo para que os ourizos caesen ao chan e logo poñíanse nunha pila (ouriceira), ao apodrecer o ourizo a castaña soltábase con facilidade.


Entre os principios nutritivos que agocha este froito, destacan os hidratos de carbono (45%), proteínas (3.4%), graxas (1.9%) e un 49% de auga. Ademáis por cada 100 gramos de castaña, temos Potasio (517 mg), Fósforo (184 mg), Sodio (72 mg), Magnesio (76 mg) e pequenas cantidades de Calcio e Ferro. Como vemos, a metade da castaña e auga (de ahí o seu baixo valor calórico), e a outra medade son hidratos, principalmente complexos con baixo índice glucémico e que levan a dixestións lentas. Debido á pouca cantidade de graxa (moi inferior a outros frutos secos como as noces, améndoas ou avelás) non ten aporte calórico extra. Uns cen gramos de castañas (aproximadamente 10 asadas) teñen unhas 200 calorías. Teñen ademais valores apreciables de Vitamina C e de Ácido Fólico, aínda que se perden en gran parte ao cociñalas. E por último, é importante o contido en fibra (5-8%) o que converte a este alimento en un aliado contra o astrinximento. Ademais teñen outros compoñentes bioactivos que fan que as castañas se consideren adecuadas para combatir enfermidades cardiovasculares ou a diabete.


En Galicia existen moitas variedades de castañas. Aquí temos as recollidas polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán:



24 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page