top of page

ESES DESCOÑECIDOS FUNGOS

O Outono trae humidade aso noso bosques, pouco a pouco chega o frío, as follas caen das árbores, e chegan os froitos do outono, cabazas, boniatos, castañas ... e... as setas.


As setas son fungos, pertencen a un reino diferente ao das plantas, non teñen clorofila (de ahí que non sexan verdes). Todos sabemos que existe unha variedade moi grande delas, tanto polas súas cores como pola súas formas, e sobre todo algunhas altamente tóxicas!


As setas constitúen un bo alimento, que debería ser introducido na dieta dos cativ@s polo seu alto contido en proteína, sales mineriais e oligoelementos.


No colexio, tivemos a fortuna de contar con Abel Fernández, pai de Martín de 2º de educación primaria, que tivo a ben compartir a súa experiencia en fungos con nós. Achegou ao colexio unha boa colección de setas clasificadas cun código de cores segundo fosen comestibles, algo tóxicas ou moi tóxicas (estas últimas incluso protexidas con vidrio para evitar que o alumnado as tocase).


Unha experiencia moi positiva que foi levada a diferentes aulas do centro para que todos puidesen admirar tan peculiar ser vivo!


Pola nosa banda, aquí vos deixamos unha sinxela receita para fomentar o consumo deste excepcional alimento entre os pequen@s:


Ingredientes:

  • 4 níscalos

  • 5 setas cardo

  • 1 dente de allo negro (ou blanco)

  • 1 pataca mediana

  • 1/4 de cebola

  • 2 cullaradas sopeiras de aceite de oliva

  • 1/2 litro de auga

Procedemento:

  1. Lavar as as setas e deixalas secar sobre un papel de cociña.

  2. Pelar e cortar a cebola, a pataca, o allo e as setas en trozos pequenos.

  3. Nunha cacerola, botar un pouco de aceite e pochar a cebola. Logo engadir as setas e o allo e pasalos durante un par de minutos máis.

  4. Engadimos a pataca, o cubrimos con auga e déixase cocer a lume forte.

  5. Deixalo ferver durante uns 15 minutos, engadindo auga se fose necesario. Cando a pataca estea blanda, estará listo.

  6. Pasamos todo pola batidora e engadimos sal ao gusto.

  7. Bo proveito!!!



10 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page