Hoxe, día 27 de febreiro os alumnos da eco-horta, xunto con Flor e as súas mestras realizaron un obradoiro de cociña saudable.
A receita preparada "Delicatessen con queixo" leva os seguintes ingredientes:
tostas de pan (sen glute),
queixo de untar (sen lactosa),
xerminados de diferentes sementes,
canónigos da nosa horta,
rabaniños da nosa horta, e...
moito mimo!
Parece ser que a experiencia foi moi exitosa, e polo visto os xerminados estaban moi bos! porque nutritivos xa sabemos que o son!
Comments