top of page

QUEREMOS VIVO O NOSO MONTE

Practicamente dous días do mes de outubro de 2017 convertiron a este ano no máis destrutivo para os montes galegos nunha década. Nese ano, arderon 61.901,67 hectáreas dos nosos bosques, correspondendo practicamente o 80% delas a ese fatídico mes de outubro.


O pasado mércores 6 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibía unha charla-obradoiro de mans de axentes medioambientais de protección da natureza. Explicaron ao alumnado a importancia de coidar os bosques posto que se son ben xestionados e de xeito sostible, ofrecen unha fonte constante e renovable de recursos.


Unha pequena parte dos incendios son naturais, ao seren provocados polos raios. Pero, sobre un 80% deles son inducidos polo ser humano, ocasionando pérdidas económicas, humanas e tamén ecolóxicas posto que afectan a flora e a fauna dos bosques. Tras o incendio, prodúcense impactos sobre os balances hídricos, a calidade da auga e a atmosfera, as pérdidas de solo fértil e a erosión do mesmo...


O xeito de protexer ao monte e a natureza e coñecela, e que mellor xeito de achegarse a esa natureza que a través de charlas dirixidas por profesionais.


Coidemos a natureza, coidemos do noso!




8 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page