O alumnado de 1º de Educación Primaria tivo o pasado 13 de febreiro unha charla sobre aves cun invitado/protagonista moi especial, o avó de Nico Muñoz, José A. Parada.
Como ampliación ao tema dos animais que estaban a levar na aula, José A. Parada, contoulles aos cativos/as unha serie de características das aves, ademais de como protexelas da contaminación.
Axudadándose duns murais, o avó de Nico, explicou aos estudantes que as formas dos picos das aves teñen moita relación coa súa alimentación, o que viu apoiando a actividade "Alimentación animal" da semana da bioloxía do noso proxecto Diverciencias. Tamén lles falou das patas, da diferente anatomía segundo o modo de vida da ave e explicou as fases de desenvolvemento do embrión no ovo.
Un charla chea de información interesantísima!
Comentários