top of page

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Hoxe xoves 28 de febreiro, Carlota Barañano, representante do Comité de Candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade achegouse ao noso centro para explicar ao alumnado de 3º e 4º da ESO o efecto das actividades humanas sobre o noso planeta. Comparou a especie humana cunha plaga, posto que o comportamento da mesma axústase á definición de plaga, e os efectos da poboación humana na Terra tamén.


De xeito ameno, explicou como as emisións de CO2 e outros gases afectan non só a atmósfera senón tamén a acidez das augas mariñas. Que o exceso de fertilizantes está convertindo as augas en zonas sen vida aeróbica a través do proceso de eutrofización e como o efecto das nosas actividades tivo un incremento vertixinoso dende 1950, coincidindo coa chamada Revolución Industrial.


Na nosa man está frear o deterioro do Planeta, e agora que estamos entrando no "Antropoceno" somo nós os responsables do estado do planeta Terra, pero tamén somos a solución.



14 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page