No Colexio Possumus somos conscientes de que a cultura do aforro e do correcto uso das finanzas persoais deben aprenderse e fomentarse a idades tempranas. Por este motivo, o centro realizou un obradoiro para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O obradoiro estivo ofrecido por Afundación (Obra Social ABANCA).
A través de diferentes fases de xogo, o Grand Prix trata de ensinar a xestionar os cartos e a diferenciar entre o necesario de o desexado e sobre todo a entender que non sempre podemos ter o que queremos posto que non habería economía que o resistise.
É importante entender que o aforro é un valor que evitará ter gastos inútiles. Con este obradoiro foméntanse valores como o aforro, a tenacidade, o esforzo e a solidariedade, que se traducen en condutas e sentimentos positivos. En definitiva ensina a:
Entender canto custa gañar os cartos e o pouco que custa gastalos.
A importancia de aforrar (que tamén e non malgastar os recursos!).
Comprar aquelo que realmente se precisa, e
que ter máis cousas non nos fai máis felices!
Comments