A temática do Día Internacional da Muller (8 de marzo) deste ano 2019, é "Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio", colocando a innovación por parte das mulleres e as nenas, para as mulleres e as nenas, no centro dos esforzos para lograr a igualdad de xénero.
Dende o Centro, somos conscientes da nosa labor na educación do alumnado ao respecto, un gran peso e unha gran responsabilidade, e este día brinda a oportunidade de transformar o impulso en acción, de empoderar as mulleres e nenas en todos os contextos, e rendir homenaxe a todas aquelas mulleres que loitan e loitaron por defender os dereitos das mulleres, animando e abrindo portas para que as mulleres se desenvolvan plenamente.
Feliz 8M!
Non vos perdades esta recomendación, para todas, da gran Jane Goodall!!!
https://twitter.com/JaneGoodallCAN/status/1104143540253323265
Comments