top of page

PREVENCIÓN DE LESIÓNS MEDULARES NO POSSUMUS

Foto del escritor: PROXECTO NATURAL_MENTEPROXECTO NATURAL_MENTE

O martes 26 de febreiro, os alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria recibiron unha charla de “Prevención de Lesión Medular” impartida pola área de Traballo Social de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).


A charla dirixida por Xulia Garrido González sobre as causas da lesión medular e o relatorio de Iván Pombo Fernández sobre a súa experiencia vital, sensibilizaron aos nosos alumnos, concienciándolles sobre a discapacidade e informándoos de cómo previr condutas de risco que poden levar a unha lesión medular.


O obxectivo de COGAMI é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade na sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. 



 
 
 

Comments


  • c-facebook

© 2018 Colexio Possumus

bottom of page