O venres 30 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de primaria participou nos obradoiros didácticos dirixidos a Escolares na Semana da Ciencia Illas Cíes que se celebrou no Museo MARCO de Vigo.
O obradoiro consistía en 6 obradoiros relacionadas coas Illas e que contribuían á divulgación científica así como á promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. As actividades, guiadas en todo momento por GCiencia, tocaban os seguintes aspectos: xeoloxía, procesos ecolóxicos, hábitats e especies, paisaxe, oceanografía e usos. Obradoiros para entender por que a Ría de Vigo ten a auga "tan fría" no verán ou como circulan os nutrientes; ou, o ben que fan as gaivotas nas cíes, contribuíndo ao mantemento de poboacións vexetais; ou como sabemos a ídade dos estratos do solo e que nos indica cada un...; e que pasaría nas Cíes se houbese un exceso de turismo!
O alumnado (distribuído en grupos) ía rotando por cada un dos obradoiros e tiña que levar consigo o Pasaporte Cíes para ser debidamente asinado. Rematados os obradoiros, tiveron unha proxección a cargo do Biólogo Manuel E. Garci que foi que de revelar aos nenos/as os segredos dos fondos mariños.
Ademais, como colofón final, o Excmo Alcalde de Vigo Abel Caballero fixo acto de presencia para fomentar entre os estudantes o respecto pola natureza e trasladarlles a importancia que conleva o feito de que as Illas sexan declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Non dubidou en saudar a todo o alumnado e sacarse unhas fotos con eles.
Todo unha experiencia e unha aprendizaxe!!!
コメント