top of page

MENTIRAS LEGALMENTE PERMITIDAS!

Tratando de crear conciencia sobre o "marketing" que fan as empresas para vender os seus produtos cando realmente non hai diferenza con outros similares (véase, panela, azúcre, estevia, fructosa, sacarosa, sacarina, etc...), o alumnado de 3º da ESO visionou un vídeo-obradoiro de dous nutricionistas, Marian García e Aitor Sánchez, que en clave de humor descúbrennos as altas cantidades de azucre que agochan os produtos que, a priori, non pensamos que o conteñen...


A estas idades é moi importante potenciar a capacidade crítica do alumnado que debe de ser consciente de que a publicidade e as empresas teñen unha única finalidade: vender!!!


Ademais, tamén fan fincapé no daño que o azucre fai no organismo, sendo responsable do almacenamento de graxas no contorno da cintura e que a larga produce enfermidades como a Diabete Tipo II. E explican de xeito totalmente sinxelo como o azucre provoca a nivel cerebral un aumento de Dopamina (neurotransmisor liberado co consumo de drogas e que é responsable das adicións as mesmas).


Se queredes, podedes ver completo este obradoiro 'Sugar Free', que "DKV Salud" organizou en TEDxMadrid 2018.

Pola nosa banda, seguiremos educando a capacidade crítica do alumnado e informando sobre as argucias publicitarias para que o alumnado sea quen de tomar as súas propias decisións con coñecemento sobre o que realmente están a consumir.

22 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page