top of page

AS MIÑOCAS CONTRIBÚEN A REDUCIR A PRODUCIÓN DE LIXO ORGÁNICO

O pasado mércores 12 de decembro, o alumnado de 6º de E.I., de 1º e 2º de E.P. visitou a Horta Eco-Escolar, cun bote, comida moi madura, miñocas e moita intriga… Con qué actividade lles ía a sorprender Flor (a nosa monitora de Amigos da Terra), Sorpresa!!! UN VERMICOMPOSTEIRO, para entendernos unha casiña para as lombrices, cunha camiña de área, unha despensa de comida e outra mantiña de terra e así sucesivamente ata encher o tarro de vidro. Os pequenos foron quen de construír unha confortable vivenda, logo lle engadiron una reserva de auga e aloxaron a unha familia de cinco membros de lombrices en cada casa. Abriron unhas pequeñas fiestras no tellado da vivenda, e para rematar protexeron o bote cun pouco de papel de aluminio. A casa estaba lista!


Agora toca esperar a que as lombrices fagan o seu traballo e fabriquen o compost que logo empregarase na nosa horta, ademáis de botarlle unha man ao medio ambiente.


A compostaxe é un proceso de transformación que permite obter abono natural (compost). É un sistema natural que pode levarse a cabo sen gastos de mantemento, e que ademais resulta altamente beneficioso dende o punto de vista ambiental, ao evitar o uso de abonos químicos e ao reducir o volume de residuos que deben ser enviados a vertedoiros ou incineradoras.

Os beneficios ambientais son evidentes, xa que por exemplo unha bolsa de lixo convencional inclúe un 40% de materia orgánica, a que podería ser reciclada para volver á terra como humus, facilitando o desenvolvemento de plantas e cultivos. Con 100 kilogramos de residuo orgánico é posible obter 30 kilogramos de abono natural e gratuíto. Con esta acción estaremos aportando o noso grao de arena á redución do volume de residuos orgánicos, e ademais beneficiaremos ao planeta ao reducir o uso de abonos químicos que poden chegar aos acuíferos e as augas subterráneas contaminándoas. Ademais o compost é un excelente abono que ten múltiples beneficios para as plantas!


As grandes artífices deste proceso son as miñocas, por eso, o alumnado recibiu tamén unha charla sobre as curiosidades destes pequenos anélidos, e como o seu organismo transforma un residuo para nós nun rico compost. O alumnado a través dunha presentación pudo comprender o proceso e ademais coñecer un pouquiño da anatomía da lombriz, do seu ciclo de vida, así como que animais se alimentan delas!!!


Xa sabes, reduce os residudos orgánicos e mima ás miñocas!!!



8 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page