O alumnado de 5º de Educación Primaria empregou o cómic "El gran viaje del Plancton" para estudar os fondos submariños das nosas rías, e así acompañando a un copépodo (animal de pequeno tamaño integrante do plancton mariño) e a unha cría de polbo e outra de rodaballo trataron aspectos como:
o mimetismo (capacidade de algúns animais de pasar desapercibidos no medio grazas a cambios no seu aspecto);
as técnicas de fuga (como a expulsión de tinta por parte dos octópodos);
os depredadores mariños;
o ciclo da enerxía no medio mariño;
o superpoder das algas: a fotosíntese;
as redes tróficas;
os parásitos mariños;
e a contaminación das augas con microplásticos ...
Toda unha odisea para chegar a divisar unha balea máis aló das Illas Cíes.
Con esta actividade, a Educación Primaria tamén colabora co Proxecto Planeta Cíes.
Os alumnos recibiron cadanseu exemplar, financiado polo Concello de Vigo e a "Fundación General CSIC en el marco de la I Convocatoria de ayudas Cuenta la Ciencia". O asesoramento técnico estivo da man do Grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC).

Comentarios