VER PARA APRENDER
- PROXECTO NATURAL_MENTE
- 24 oct 2018
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 25 oct 2018
O colexio POSSUMUS participa na terceira edición da campaña de concienciación e Revisión do estado da saúde visual no alumnado de Educación Primaria, “Ver para Aprender”.
Dende o Departamento de Orientación faise fincapé na importancia da visión na aprendizaxe, tendo en conta que un de cada tres casos de fracaso escolar relaciónase cun problema de visión sen diagnosticar.
É moi importante asegurarnos de que a visión do alumnado está preparada para superar con éxito o novo curso escolar.
E dende aquí lembrámolo outra vez... mellor velo ben, ou non?
Deixamos este póster cos síntomas que poden sinalar algún problema de visión!

Comments