top of page

Prioridade VI_T_AL

Foto del escritor: PROXECTO NATURAL_MENTEPROXECTO NATURAL_MENTE

O xoves 18 de outubro, a Policia Local do Concello de Vigo achegouse a aula de 4º da ESO para realizar unha charla sobre Educación Vial. O obxectivo foi concienciar aos mozos e as mozas sobre a importancia dunha boa actitude como peóns e como futuros/as condutores/as. 

Ademais de facer fincapé na necesidade de respectar os sinais de tráfico, avaliaron as causas máis frecuentes relacionadas cos accidentes de tráfico e sobre todo, puideron comprobar como o feito de conducir baixo os efectos do alcool reduce significativamente o tempo de reacción do condutor e polo tanto aumenta a distancia de frenado. Ademais de ver o efecto do alcool de teoricamente e mediante fórmulas físicas e cálculos matemáticos, puideron comprobar, mediante o uso dunhas gafas "especiais", como un compañeiro camiñaba pola clase tropezando coas mesas como se realmente estivese baixo os efectos do mesmo.


 Dende o centro apostamos por unha Educación Integral nos mozos e mozas!


 
 
 

Comments


  • c-facebook

© 2018 Colexio Possumus

bottom of page