O xadrez é considerado como un deporte, porque aínda que depende en gran medida do órgano máis importante do corpo: o cerebro, isto implica ter ademáis unha boa aptitude física.
Este deporte conleva un desenvolvemento dunha gran destreza mental, e as 16 pezas das que se compón cada equipo, son elementos claves na estratexia xa que é necesario prever e adiantarse ao adversario.
Este xogo, é considerado como un deporte saudable, xa que aumenta o nivel de concentración, mellora o control frente a presión do xogo, estimula a memoria, facilita a xestión de resolución dos problemas así como xenera capacidade analítica.
Os alumnos de Secundaria recibiron unha clase maxistral das mans de Miguel A.Fernández-Martínez quen transmitiu todos estes beneficios educacionais e psicolóxicos do xogo.
Na adolescencia o xadrez é ademáis, un magnífico instrumento para desenvolver a sociabilidade e o control das emocións. Coa práctica do xadrez os nosos alumnos manteñen a mente activa e aumentan a súa capacidade de aprender.
Ler máis sobre o xadrez: https://deportesaludable.com/deportes/juego-del-ajedrez-considerado-deporte/

Comments