Xa está aquí, xa podedes inscribirvos no III Torneo de Xadrez do noso Colexio. En colaboración con Xadrez Educación, celebrarase o sábado 16 de marzo en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Xa sabedes, é unha ocasión para pasar unha divertida mañán e practicar un xogo no que todos gañan! Seguiremos o sistema suizo de 15 minutos por partida e os participantes dividiránse en 3 categorías segundo a súa idade.
Como vedes, no Colexio Possumus creemos no Xadrez como deporte, xogo e por suposto como magnífico instrumento para desenvolver a sociabilidade e o control das emocións. Coa práctica do xadrez os nosos alumnos manteñen a mente activa e aumentan a súa capacidade de aprender. E ti, anímaste a pasalo ben?
Lembra, temos tres categorías de idade, non tes escusa para non vir...

Comments