top of page

NORMAS E LÍMITES

Para convivir, toda sociedade precisa dunhas normas. A familia constitúe o primeiro grupo social ao que pertencen os nosos fillos, no que aprenden a convivir. O establecemento de normas e límites no contexto familiar supón un dos factores de protección máis significativos para reducir a probabilidade de aparición de condutas de risco, tanto na infancia como na adolescencia (evitando por tanto, a aparición de enfermidades sociais).


Dende o Centro Escolar estamos creando un espazo para compartir inquietudes e solucionar dúbidas, que axude a mellorar o proceso educativo dos nosos alumnos. Este espazo será visible a través de diferentes Charlas Dirixidas ás Familias.


A familia ten unha función clave na socialización, no desenvolvemento emocional e na conduta dos seus fillos, por iso ofrecemos a posibilidade de participar nesta charla levada a cabo polo Equipo de Prevención da Asociación Érguete (Programa Máis que un Teito"), cunha ampla experiencia na dinamización de grupos e o traballo coas familias.


“Normas e límites: Educar para previr”


9 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page