A natureza permite permite tocar, cheirar, escoitar, ver e incluso saborear. Está repleta de experiencias sensoriais moi importantes para os cativos/as, e como non resulta un espazo marabilloso para realizar actividades físicas.
Os alumnos de 1º e 2º de primaria, aproveitando a chegada do outono, realizaron unha andaina ao Monte de A Guía, inculcando hábitos saudables que favorezan o bo estado do organismo.
O alumnado tivo tempo de realizar xogos en contacto co entorno natural e asimesmo, traballaron os principios básicos do coidado e respecto da natureza que repercuten positivamente no benestar de todos.

Comentários