Suplantación de identidade, chantaxes, roubos de contrasinais, acoso... Son moitos os riscos aos que se enfrontan os nosos nenos e mozos cando realizan un uso inadecuado da internet e as redes sociais, unha realidade na que se moven todos os días e da que, en moitas ocasións, os adultos non son conscientes.
O día de Internet seguro celébrase cada 5 de febreiro co obxectivo de promover o uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais. Na nosa escola tanto pais, alumnos coma profesores recibimos información continua para converter a Internet nun espazo responsable e respectuoso.
Onte foron os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria os que tiveron unha sesión de formación de dúas horas sobre “Riscos tecnolóxicos o uso de internet e redes sociais”. A experta da policía nacional Mercedes Dabán, contou dende a súa experiencia as consecuencias e ameazas que poden ter os mozos e mozas se usan mal as novas tecnoloxías, alertoulles das numerosas denuncias que teñen actualmente por estes temas e insistiu na importancia de ser prudente no intercambio de información e fotografías así como de acudir aos pais ou profesores ante calquera indicio de perigo.
Unha internet segura empeza con nós por iso dende o Departamento de Orientación do Colexio Possumus queremos facilitar aos pais dos nosos alumnos a nova versión que a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) presenta da súa web “Tú decides en Internet”, un proxecto dirixido a concienciar tanto a xoves como a pais e profesores sobre a importancia de protexer a privacidade.
O proxecto forma parte da execución do Plan Estratéxico da AEPD que ten como liñas prioritarias a protección dos menores.
Podes consultar no seguinte enlace toda a información.
Tamén os deixamos un folleto con consellos e este vídeo facilitado por is4K INTERNET SEGURA FOR KIDS.
TRÍPTICO CON RECOMENDACIÓNS:



Comments