top of page

ENFERMIDADES SOCIAIS

A violencia de xénero, o machismo ou ben o acoso, son consideradas enfermidades sociais posto que constitúen un grave problema de saúde pública e unha violación dos dereitos humanos.


Na materia de Bioloxía de 3º da ESO, afóndase na definición e estudo das enfermidades socias, e neste eido, o luns 22 de outubro, o alumnado de 4º de ESO, participou nunha actividade promovida polo Concello de Vigo a través da Concellería de Igualdade. Co título : "Mozas e mozos, cambiando estereotipos" a psicóloga Ianire Estébanez (autora da web Mi novio me controla.... e do blogue que leva o mesmo nome), realizou una marabillosa charla-coloquio no Auditorio Municipal, no que a través de grandes doses de humor e teatralidade profundizou en temas como o machismo ou o acoso.


Ianire estivo aberta a todo tipo de consultas e non dubidou en respostar incluso a preguntas realizadas fóra da súa intervención.


Para calquera consulta online: ianire@minoviomecontrola.com



14 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page