top of page

CONCIENCIANDO SOBRE A VIDA ...


Afortunadamente, cada vez son menos os familiares que se opoñen a donar os órganos dos seus seres queridos. O motivo principal nesta negativa é o descoñecemento da vontade ao respecto por parte dos falecidos, de ahí a importancia de falar deste tema no seno familiar.


Cada vez, son máis os voluntarios dispostos a falar das súas experiencias vitais nos centros escolares, para concienciar ao alumnado sobre a importancia deste acto altruista e a vez anónimo.


Por este motivo, o mércores 28 de novembro, o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de escoitar de mans do Dr. Lucas Lage (Coordinador de Transplantes da EOXI de Vigo) e de Carlos Sánchez (Vicepresidente 2º) unha marabillosa charla-coloquio sobre a importancia da donación.


Os transplantes máis necesarios son os hepáticos e renais, e existe unha lista de espera para aqueles pacientes que precisan dun órganos. Nesa lista existe do paciente chamado "Urxencia 0", que son aqueles pacientes que so poden aguantar con vida unhas poucas horas. A coordinación a nivel nacional é perfecta, de xeito que de existir un paciente con esta urxencia recibiría o órgano antes que ninguén estivese na provincia que estivese.

O alumnado amosouse interesado en todo momento, e participou plantexando as súas dúbidas sobre o tema.


Queremos dar as grazas a ADOS e a todos os profesionais que nos achegan tan valiosa información e nos brindan novas oportunidades de seguir vivindo.


Aquí vos deixamos a publicación de Deporte & Transplante España no seu Facebook!!!



29 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page