top of page

ABRÍNDONOS A UN MUNDO SEN ESTEREOTIPOS DE MANS DE ZIGGY STARDUST E IRIA MISA

Foto del escritor: PROXECTO NATURAL_MENTEPROXECTO NATURAL_MENTE

O 11 de febreiro, Iria Misa, autora de "mamá, quero ser Ziggy Stardust" achegouse ao noso colexio para falar do seu libro e transmitirnos a importancia e a necesidade que temos como centro educativo de tratar o tema da transexualidade incorporando aprendizaxes sobre a diversidade.


A través de Aine, protagonista do relato, o alumnado de 5º de primaria puido comprender o difícil que é romper cos estereotipos sobre a identidade e o xénero posto que temos moi interiorizado que so se pode ser home ou muller. Estes prexuízos e estereotipos de xénero son os que conlevan a discriminacións e incluso violacións dos dereitos humanos, poñendo en risco o dereito á vida, a saúde ou mesmo a liberdade de expresión.


Baseándose no Ziggy Stardust de David Bowie os alumnos/as achegáronse a unha realidade que todavía non é aceptada pola maioría. Descubriron como os máis pequenos/as son capaces de aceptar con máis normalidade estas diferenzas que aos adultos parece que lles custa máis asumir, que o apoio da familia é o único que anima e da valor para continuar e perseguir ser quen queremos ser e que sempre haberá no mundo, pese o que nos pese, señores e señoras "Reme".


Un libro altamente recomendable, dunha escritora cercana que soubo transmitir ao alumnado a esencia do seu libro e os valores que nos farán crecer como persoas.


 
 
 

1 Comment


Yo también he leído el libro porque me llamó mucho la atención el título (me encanta David Bowie) y me gusta mucho como la escritora trata el tema. Yo también lo recomiendo.

Like
  • c-facebook

© 2018 Colexio Possumus

bottom of page