Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Colexio Possumus participa unha vez máis a través de EnlazaVigo coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller poñendo en marcha un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar á sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.
Este ano no paseo do Calvario mostrase, ata o mércores 28, unha exposición colectiva de imaxes que identifican diferentes micromachismos.
Os alumnos de 4° da ESO despois de varias actividades de concienciación e identificación de estes micromachismos na nosa sociedade, participaron creando unha imaxe que leva por título “A lavadora non é miña!
Non Vos perdades e Exposición no Calvario para poder entre todos identificar estes micromachismos e erradicalos. Porque as enfermidades sociais son un grave problema:
Sexamos parte da solución e non do problema!!!




Comentarios