top of page

COIDEMOS OS DENTES

Actualizado: 3 feb 2019

A hixiene bucal é unha das principais formas de preservar a nosa saúde. Dentro da nosa hixiene diaria, non debemos esquecer o coidado da nosa boca, xa que esta falta de hixiene pode traer consigo moitas enfermidades.


O martes 29 de xaneiro, o alumnado de 1º,2º e 3º de primaria asistiu a unha charla sobre “Hábitos de hixiene bucal” impartida por María José Giráldez, nai de dous dos nosos alumnos.


A charla estivo moi ben estruturada, foi moi didáctica, amena e completa xa que se trataron contidos como os tipos de pezas dentais, hábitos para previr problemas (revisións periódicas no dentista, non tomar doces máis que de forma ocasional, non comer alimentos moi quentes nin demasiado fríos,…) logo, explicou ao alumnnado cómo manter a boca perfectamente limpa e sa, cunha exposición do uso do cepillo manual e eléctrico, o fío dental, o flúor e as pastillas reveladoras de restos de placa (toda unha lección!).


Para rematar, observamos nunha maqueta como se produce a formación dunha carie, de non levar a cabo, correctamente tódolos pasos anteriores.


O alumnado, estivo moi motivado durante esta charla-coloquio, posto que ao rematar coas explicacións, María José contestou con moito cariños ás preguntas realizadas polos máis atrevidos.


Moitas grazas por compartir con nós estas experiencias e ensinarnos o coidado e a hixiene bucal!





38 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page